|
Arrincadeira organiza, conxuntamente coa asociación de mulleres rurais Pobo de Miranda, a xornada Fogar saudábel, que terá lugar o domingo 26 de novembro, a partir das 10 da mañá, no segundo andar do Concello. Esta xornada incluirá, entre outras actividades, conferencias sobre:
Xeobioloxía: O bo sitio e a saúde na nosa casa.
Bioconstrución: da construcción tradicional á construcción actual. Materiais sans, o seu recoñecemento e testaxe. Consellos útiles para habitar unha casa sana.
Efectos da contaminación no ser humano. Tipos de contaminación e subsanación das causas e/ou efectos.
Tamén se organizará un obradoiro de radiestesia, que consistirá en aprender a usar unhas varillas para localizar redes electromagnéticas, fallas, oquedades subterráneas, vetas minerais, veas de auga, etc...
A xornada será impartida por Javier Goyanes López (prospector-radiestesista) e Antonio Manuel Seijas Pardo (arquitecto técnico e prospector-radiestesista). Podedes inscribirvos chamando ao teléfono 618 84 12 55 (Xoán Carlos). O prezo de inscrición será de dez euros. Podedes atopar máis información nos seguintes documentos:
[Cartel da xornada Fogar saudábel]
[Programa da xornada Fogar saudábel]
|